
Tin o calcetín e Tina a calcetín achegan á Biblioteca Pública Municipal de Burela da man de Galitoon co obradoiro “Monicreques de calcetín”, unha proposta para nenos e nenas de a partir de 3 anos na que poderán construír e animar o seu propio monicreque.
A actividade desenvolverase o 10 de outubro de 12:00 a 13:00 horas na Casa da Cultura de Burela, e está pensada para que o público infantil poida achegarse ao mundo dos monicreques a través dunha actividade creativa e divertida.
As prazas son limitadas a 40 nenas e nenos e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As familias interesadas xa poden anotarse na Biblioteca Pública Municipal ata o xoves 8 de outubro, en horario de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Dende a organización sinalan que o ideal é que cada nena ou neno participe acompañado dos seus proxenitores.
Esa mesma tarde, Galitoon levarátamén a Burela o espectáculo de teatro infantil “Os descontacontos”, completando unha xornada especialmente pensada para o público infantil e familiar.
Ambas actividades enmárcanse no programa Ler Conta Moito da Redes de Bibliotecas de Galicia.


