
Ata o día 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de inverno do Concello de Ribadeo. En total ofértanse 13 disciplinas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol-sala, hockei-liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa, xadrez e ximnasia rítmica.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “o inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e a súa finalización entre o 15 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nad@s desde 2013 ata 2022, ambos incluídos. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o día 1 de outubro, tendo preferencia as/os empadroadas/os ou escolarizadas/os en Ribadeo”. E engade: “a cota por escola deportiva é de 60 euros e o pagamento da matrícula poderá realizarse ata o 15 de outubro. As inscricións teñen que realizarse na Casa da Xuventude ata o vindeiro 30 de setembro de luns a venres en horarios de 9 a 14 horas; e os martes e os xoves tamén polas tardes de 16 a 18 horas”.
As escolas deportivas de inverno foron presentadas polo concelleiro de Deportes e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.


