
Xa se coñecen os números gañadores da campaña da Volta ao Cole de Acia Foz-CCA, que se desenvolveu do 31 de agosto ao 20 de setembro. Na cita participaron 86 negocios locais.
O número 23.631, papeleta entregada en Pirde Moda, resultou agraciado cun pack de aventura familiar. E os números 27.906 entregado en Ofifoz, 2.772 en Koquetas Moda, 23.222 en Peluquería Canina Huellas e 1.185 en Estanco Leitón recibirán 100 euros en vales de compra cada un.
As persoas afortunadas poden contactar co seguinte número de teléfono 982 132 751.
O sorteo tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas e contou coa participación da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade.
AciaFozCCA conta para a campaña da Volta ao Cole coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.


