En Ribadeo haberá festa de Samaín coa actuación dos grupos Aneuma e Réplica o 31 de outubro

A asociación ribadense Catro Caños anuncia que o día 31 de outubro, sábado,  a partir das 22:00 horas haberá “unha noite terrorífica” no Cine Teatro de Ribadeo. Actuarán en directo os grupos Aneuma e Réplica. E despois seguirá a festa de Samaín cun DJ.

“Ambientación especial, disfraces, bebidas terroríficas, moitas sorpresas e un teatro transformado para vivir unha noite de auténtico medo. Saca o teu lado máis escuro e ven gozar dunha noite de música, festa e terror. Este Samaín, o medo vívese no Galiñeiro!”, engaden os organizadores deste evento.