
A asociación veciñal de Mor, no municipio de Alfoz, organiza unha andaina pola Fraga das Vigas para este domingo, día 8 de novembro. A saída será desde o CEIP Castro de Ouro ás 09:00 horas.
“O domingo 8 de novembro saímos a camiñar e descubrir a natureza nunha andaina á Fraga das Vigas”, anuncia a asociación veciñal de Mor, que tamén explica que o percorrido será de 12 quilómetros con dificultade moderada. O prezo é de 12 euros por persoa e inclúe avituallamento.
Recomendan levar roupa e calzado de montaña, axeitados á climatoloxía, e bastóns para facer o percorrido con maior comodidade.


