Cervo acollerá o 18 de novembro unha charla para o sector turístico organizada pola Mancomunidade da Mariña

Este xoves tivo lugar en Ribadeo a xornada de formación sobre Sostibilidade que multiplica: rendibilidade e impacto positivo na empresa turística, a segunda das tres accións formativas dirixidas ao sector turístico da comarca, que desenvolve a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no marco dos convenios asinados coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. Queda pendente a celebración o vindeiro mércores, 18 de novembro, da última das xornadas previstas. Será de 10 a 14 horas na Antiga Carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo) e o tema é Turismo Slow: deseñar experiencias con identidade. Correrá a cargo de María Traveso e Vero Rodríguez, socias en Promove Consultoría e formación.

O obxectivo da xornada é “aprender a transformar os recursos propios e os do territorio en propostas atractivas para os visitantes, incorporando os valores do Turismo Slow e explorando posibilidades de colaboración con outras empresas”.

A inscrición para participar é a través da web https://docs.google.com/.../1FAIpQLSdpJjL2H5bs2N.../viewform