Este sábado, 14 de novembro, haberá Guateque de Arruguiñas en Lieiro (Cervo)

Este sábado, día 14 de novembro, haberá Guateque de Arruguiñas en Lieiro (Cervo). Será no Local Social desa parroquia desde as 20:00 horas.

O Concello de Cervo anuncia que será “unha nova tarde de música, baile e boa compañía no Local Social de Lieiro, con Manu Contre e Diego Muchy, ex-cantantes da Orquestra Salsarena. E para completar a festa, chocolate con churros! Coa colaboración da Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro”.