
A Casa da Cultura de Trabada acollerá unha charla centrada na seguridade financeira. Será este xoves, día 19 de novembro, ás 11:30 horas na Casa da Cultura e titúlase Charla de protección contra o fraude: Uso de caixeiros de forma fácil e segura.
O Concello de Trabada explica que é unha actividade “en colaboración con ABANCA, enmarcada no Programa de Educación Financeira, para aprender a identificar posibles fraudes nos caixeiros automáticos e realizar as operacións habituais con maior seguridade”.


