
A Casa da Concello de Burela acollerá os días 23 e 25 de novembro a formación Competencias dixitais para a autonomía, dirixida a persoas migrantes. A actividade está organizada pola Fundación Conecta +, financiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade e conta coa colaboración do Concello de Burela.
A formación desenvolverase en dúas sesións, de 9:30 a 13:30 horas. O luns 23 de novembro estará centrada na busca de emprego en liña e o mércores 25 de novembro, no uso de aplicacións para a vida diaria. “O obxectivo é que as persoas participantes adquiran ferramentas dixitais que lles permitan desenvolverse con maior autonomía no seu día a día”, explica o Concello de Burela.
A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse a través dos teléfonos 982.586.000 e 982.580.609.


