O grupo A Adala representará a obra “Ai!, Señor, señor” este domingo, 22 de novembro, en San Román de Vilaestrofe (Cervo)

O Concello de Cervo anuncia que este domingo, día 22 de novembro, ás 19:00 horas haberá teatro no pavillón de San Román de Vilaestrofe coa obra titulada Ai! Señor, señor, a cargo do Grupo de Teatro A Adala.

“Unha proposta que chega da man da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e da asociación de veciños de San Román dentro do Circuíto de Teatro Profesional e Afeccionado, para gozar dunha tarde de teatro e cultura”, explica o Concello de Cervo.