A 1ª Ruta Cabalar Monte Castelo terá lugar este sábado, 23 de maio, en Burela.

A 1ª Ruta Cabalar Monte Castelo terá lugar este sábado, 23 de maio, en Burela.
 
O vindeiro sábado, 23 de maio, celebrarase a 1ª Ruta Cabalar Monte Castelo, en Burela. O evento está organizado pola asociación Cabaliño de Pao e conta coa colaboración do Concello e diversas firmas comerciais. 
A hora de inicio da ruta está prevista para as dez da mañá desde o pavillón dos institutos (ao lado do Hospital da Costa). Despois á metade da ruta haberá unha parada no mirador do Monte Castelo con pinchos. O xantar será ás 14:30 horas. O seu custe é de 20 euros para todos os que se animen: acompañantes, amigos, etc. A sobremesa estará amenizada por DJ Chente con sorteos e colchoneta gratis para os nenos. 
Haberá trofeos para o xinete ou amazona mais novo, para o de mais idade, para o de mais lonxe e para a asociación mais numerosa.
No acto de presentación que tivo lugar onte á tarde no Monte Castelo o alcalde, José Mª González Barcia, explicou que o Concello colabora cos trofeos e coa infraestrutura para a comida no pavillón dos institutos. O rexedor asegurou que “estas iniciativas parécennos interesantes porque promocionan recunchos de Burela descoñecidos e dinamizan a economía local”.