Última proxección do ciclo Cinema no Cenima este xoves, 18 de xuño, en Foz. O filme que se poderá ver é "Magical girl".

Última proxección do ciclo Cinema no Cenima este xoves, 18 de xuño, en Foz. O filme que se poderá ver é "Magical girl".
 
Foz acolle a última proxección do ciclo de primavera do programa Cinema no Cenima este xoves, o sábado haberá un espectáculo para nenos e nenas na Sala Bahía e para o domingo está programada unha mostra folclórica infantil no Campo da Cabana.
A proxección cinematográfica que terá lugar no Cenima este xoves, día 18, ás oito e media da tarde será da película Magical Girl, que non está recomendada para menores de 16 anos. O prezo da entrada é de 3 euros.