Os días 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro celebrarase a XII Ruta "Montes da Mariña" para vehículos todoterreo, organizada polo club Os Correcamiños.

Os días 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro celebrarase a XII Ruta "Montes da Mariña" para vehículos todoterreo, organizada polo club Os Correcamiños.
 
Os días 30 e 31 deste mes de outubro e o 1 de novembro celebrarase a XII ruta Montes da Mariña para vehículos todoterreo que organiza o club Os Carrecamiños 4x4. Foi presentada hoxe en Foz cun acto no que participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
Os organizadores do evento explicaron que “o venres 30 comezan as actividades coa recepción dos inscritos, chegados dende diversas comunidades como Extremadura, Madrid, Castela León, Euskadi, Asturias e, como non, moitos de Galiza e concretamente da Mariña. Haberá a recepción dos inscritos (115 motos de enduro, 120 quads e 192 todoterreos) no parque pechado, que estará na explanada portuaria de Foz. A continuación degustaranse uns pinchos xunto coa proxección dun vídeo da ruta no pavillón do colexio Martínez Otero”.
Os Correcamiños 4x4 destacan que “o prato forte será o sábado 31, coa saída dos participantes dende o parque pechado ás 09:00 da mañá.
O percorrido da ruta discorrerá por Vilaronte, Cornería , A Cazolga (con dúas especiais, unha delas de alta dificultade), A Ermida (con outra especial) e A Frouxeira (con outra especial de alta dificultade). A continuación, contra o mediodía, chegaremos á antiga Barreira de Teixeira, onde será o xantar de campaña para os participantes de moto e quad e onde hai un percorrido marcado, con distintos pasos con máis ou menos dificultade, á medida da maior ou menor preparación dos vehículos participantes. Seguiremos nos montes de Cordido e Cangas con varias especiais de dificultade media e alta para volver de novo cara a Foz polos montes de Nois, onde se atopa a afamada e coñecida subida de Brea a partires das 14:30 horas aproximadamente. Continuaremos por Fazouro, na antiga Barreira de San Andrés para seguir por San Martiño e rematar na subida que hai a carón da Canteira do Pico da Lebre. E ás 22:00 haberá a cea de confraternidade de tódolos participantes no pavillón do colexio Martínez Otero. Por último, na xornada do domingo 1 de novembro a partires das 10:30 da mañá comezarán as probas de habilidade no Circuíto da Roxa, en Vilaronte, onde os vehículos terán que sortear os distintos obstáculos preparados para a ocasión. Ó mediodía celebrarase un xantar de despedida e farase a entrega de premios e agasallos, de novo no pavillón do colexio Martínez Otero”.
Os organizadores remataron agradecendo a colaboración de “Concello de Foz, Deputación Provincial, colexio Martínez Otero, Protección Civil de Foz, Policía  Local de Foz, Talleres Armando Rodríguez, Frutas Morriña, Estación de Servicio Foz, Abastecementos Eugenia López, Servicios Forestales Pablo Geada, Mota Agroforestal, Sociedade de Cazadores A Frouxeira, Mancomunidade de Montes da Cazolga, Mancomunidade de Montes de Cordido, Mancomunidade de Montes de Cangas, Mancomunidade de Montes de Nois, Explotaciones Cerámicas ECESA e a tódalas empresas que colaboran no cartel publicitario e cos agasallos para os participantes”.