A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, organiza unha excursión á Festa da Castaña que se celebra en Folgoso do Courel o 3 de novembro.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa da Castaña que se celebrará en Folgoso do Courel o día 3 de novembro, sábado. Este evento, declarado de interese turístico de Galicia, chega á súa trixésimo primeira edición.

A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, a comida e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 35 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.