O 6 de xullo celébrase a 4ª Foliada O Valadouro 2019. Haberá música, monicreques e tamén comida e bebida a prezos populares.

Este sábado, 6 de xullo, celebrarase a 4ª Foliada O Valadouro 2019. A festa dará comezo ás 20:00 horas e e terá lugar no parque Concepción Arenal.

Actuarán os grupos de Grileiras da SCR Ledicia, AX Entre Lusco e Fusco e AC Amado Lar.

Dende ás 18:00 horas desenvolveranse obradoiros de construción de monicreques e haberá espectáculos de monicreques con Antolín e bailarín e Raio the Loubican, dentro do Programa de Promoción da Artesanía da Deputación de Lugo. Tamén haberá comida e bebida a prezos populares.

A partir das 00:00 horas continuará a festa cunha foliada libre.