
A Asociación de Clásicos Mindoniense Mira e Anda organiza a décimo segunda edición da Xuntanza de Clásicos Cidade de Mondoñedo, que se celebrará o día 20 de xuño, sábado. O prazo de inscrición de vehículos para participar no evento remata dous días antes, o xoves 18 dese mes.
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa recepción dos vehículos, entrega de tickets para a comida e sorteo de agasallos. Desde as 12:00 horas farán unha ruta e a comida será ás 15:00 horas.


