
O Concello de Cervo organiza o XL Día do Xubilado para o día 1 de maio, venres, e anuncia que “xa está aberto o prazo de inscrición para participar nesta celebración tan especial e rematará o 24 de abril”.
É un evento dirixido a persoas pensionistas empadroadas no concello de Cervo e para participar poden anotarse na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Ciprián).
“Un día para compartir, celebrar e desfrutar xuntos!”, destaca o Concello de Cervo.


