Acisa celebrará a súa XII Gala Anual o vindeiro 18 de outubro no Parador de Turismo de Ribadeo. Entradas á venda o día 1

Acisa celebrará a súa  XII Gala Anual o vindeiro 18 de outubro, no Parador de Turismo de Ribadeo, para conmemorar o seu 37 aniversario, o Premio Nacional de Comercio Interior e facer entrega dos galardóns do ano 2026: relevo xeracional, negocio emblemático, espírito emprendedor, toda una carreira, socio honorífico e ribadense do ano. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anunciou que “na asemblea extraordinaria, que tivemos hai unhas semanas anunciamos a celebración da Gala Anual de Acisa Ribadeo. Consideramos importante esta cita, consolidada xa, como un punto de encontro entre o empresariado ribadense. Xa podemos anunciar oficialmente a celebración da XII Gala de Acisa Ribadeo: 37º Aniversario, conmemoración do Premio Nacional de Comercio Interior e entrega de galardóns 2026, que será o 18 de outubro a partires das 19:30 horas e que rematará cunha cea de gala no Parador de Turismo de Ribadeo. Deste xeito pretendemos reafirmar o noso compromiso coas nosas asociadas e asociados, os lazos empresariais, así como o intercambio de opinións, experiencias... desde Acisa queremos animar a todo empresariado asociado e tamén ao non asociado a que poidan asistir e así compartir todos xuntos esta velada. O prezo da entrada será de 50 euros e as tarxetas estarán á venda dende o 1 de outubro nas oficinas de ACISA Ribadeo na Rúa San Roque 57 – baixo”.

O xerente de ACISA, Jesús Pérez explicou que “Acisa Ribadeo decidiu hai unhas semanas entregar os seguintes galardóns, en recoñecemento ao relevo xeracional a Valentina Fernández Fernández e Marta Rico del Rio, aboa e neta, primeira e segunda xeración á fronte de Boutique Valentina e Del Rio, por garantir continuidade de dous negocios comerciais históricos de Ribadeo e recoñecendo o esforzo realizado por ambas xeracións para preservar o legado empresarial familiar. En segundo lugar os galardóns como negocios emblemáticos de Ribadeo, esta categoría consta de dous premiados: Chocolates Moreno (á súa propietaria María José Ríos Gomez) en recoñecemento á súa traxectoria empresarial, por formar parte do patrimonio comercial e histórico de Ribadeo. Fundada en 1891 e pertencente á mesma familia dende 1947, diferentes xeracións dedicaron a súa vida a manter vivo un negocio que constitúen autentico referente do comercio e a artesanía alimentaria ribadense; e ao Ribanzo (ós seus propietarios Manuel Fernández e Tito Díaz) en recoñecemento á súa extraordinaria traxectoria empresarial e por formar parte do patrimonio hostaleiro e de ocio histórico de Ribadeo. Fundado en 1991 foi e sigue sendo punto de encontro obrigado de múltiples xeracións e celebracións converténdose nun autentico referente da hostalaría e especialmente do ocio nocturno”.

Cruzado Iglesias seguiu a relatar que “o galardón a toda unha carreira con motivo da súa xubilación é para Lorenzo Ruiz Misioné, propietario de Carnicería Soto Misioné, como recoñecemento a toda unha vida dedicada ao comercio de proximidade, ao produto local e á excelencia profesional, contribuíndo durante décadas ao desenrolo económico e social de Ribadeo e en especial á Praza de Abastos. E como novidade neste ano, quixemos incorporar un galardón mais, o galardón en recoñecemento ao espírito emprendedor a María Josefa Suárez Trabadelo, propietaria de Galán, quen tras desenvolver durante moitos anos a súa carreira profesional como traballadora do sector comercial en Vegadeo, decidiu emprender o seu propio proxecto empresarial, abrindo unha nova tenda especializada en moda masculina en Ribadeo. Este recoñecemento pretende poñer en valor o emprendemento, a iniciativa persoal e o compromiso desas persoas que continúan apostando por crear empresa, xerar actividade económica e contribuír ao futuro comercial de Ribadeo”.

Pérez Prada engadiu: “e por último, nesta edición especial da Gala Anual da nosa entidade  acordouse entregar os galardóns Ribadense do Ano e á súa vez nomear como Socios Honoríficos de Acisa ás persoas que presidiron a asociación ao longo da súa historia. A Andrés Tojal (a titulo póstumo), presidente de Acisa entre 1989 e 1992, a Pablo Vizoso (a titulo póstumo), presidente entre 1992 e 1999, a Gervasio Cao, presidente entre 1999 e 2010, a Francisco Iriarte, presidente entre 2010 e 2012, durante o ano 2015 e entre 2018 e 2022, a Roberto Rivas, presidente entre 2012 e 2014, a Roberto Ramos, presidente entre 2014 e 2015, a David Martínez, presidente entre 2016 y 2018, e a Carmen Cruzado presidenta desde 2022. Con este galardón  Acisa Ribadeo quere expresar o seu máis sincero agradecemento e recoñecemento a esas persoas que, de forma totalmente altruísta, dedicaron unha parte moi importante da súa vida, esforzo e compromiso persoal a presidir a nosa entidade. Grazas á súa labor, xunto coa necesaria implicación das súas xuntas directivas e xerencias, socios, colaboradores e administracións, esta entidade é hoxe o que é, e foi galardoa co Premio Nacional de Comercio Interior. O nomeamento como Ribadense do Ano, entregáselles en consideración á extraordinaria contribución que dende a presidencia de Acisa realizaron polo desenvolvemento económico, comercial, turístico e social do municipio, traballando para construír un Ribadeo mais dinámico, atractivo e con maiores oportunidades para vivir, traballar, emprender e investir”.

A presidenta de Acisa anunciou que “para poñer un toque aínda mais especial á nosa Gala Anual, a cerimonia estará apadriñada polo periodista e escritor Pepe Ribagorda. Este evento contará co patrocinio principal de BeOne, así como de Gestión Gratelu, Talleres Cardi, Mariña Asesores, Iriarte Artes Gráficas, Kids&Us, restaurante Marinero, Atleet Ribadeo, Estrella Galicia e Grupo Valcarce. Ademais conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo, do Parador de Ribadeo, de Bodegas Docampo, de Aquí Diario e de Asoporcel. A todos eles queremos mostrarlles o noso profundo agradecemento por colaborar con nos. É para nós motivo de orgullo ver como tantas empresas cren no bo traballo e na boa imaxe de Acisa e están dispostas sempre a colaborar. Moitas grazas a todas estas firmas polo seu apoio”.