Alfoz conta cun novo aparcadoiro de autocaravanas, con capacidade para 40 vehículos, grazas á Deputación de Lugo e ao Concello.

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, acompañados de ducias de veciños, inauguraron un novo aparcadoiro de autocaravanas, que financiou a Deputación con 36.000 euros en terreos de titularidade municipal. Ten capacidade para 40 vehículos e atópase na parroquia de San Pedro de Mor. Trátase da única instalación desta natureza na Mariña interior lucense.  

Santos Ramos destacou a importancia desta nova área “para o impulso turístico na zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”.Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz, promovendo o turismo, e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste Concello mariñán”. 

Val Díaz agradeceu a constate colaboración do Goberno da Deputación “en proxectos que buscan pór en valor o noso territorio, aproveitando as características propias das que dispomos, nunha clara aposta pola defensa do rural”. 

A zona de aparcadoiros e servizos para estes vehículosestá situada ao carón do parque municipal, o campo de fútbole o campo da festa. Conta cunha extensión de case 1 hectárea e ten capacidade para acoller a 40 caravanas. Posúe un amplo catálogo de servizos como o de auga, luz e xestión de vertidos, cos que favorecemos a estancia dos usuarios que optan por este tipo de transporte estival. A área está especialmente pensada para familias con nenos, porque conta con piscina e un parque, unha zona de descanso con castiñeiros e unha área con aparellos para facer exercicios ximnásticos.