
Corenta persoas realizaron a o oitava e última etapa do Camiño Francés o pasado sábado. A cita foi organizada pola Asociación Cultural Camiñantes e Camiños, de Barreiros. Os participantes fixeron esta ruta durante varias fins de semana desde o mes de abril. E no 2027, Ano Santo, o colectivo barreirense fará o Camiño Primitivo desde Fonsagrada.
O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, contou que “foi unha das etapas máis numerosas. Foi curta, pero intensa. Estar preto da Catedral de Santiago sempre da un plus de enerxía. Asistimos á misa do peregrino na igrexa de San Agustín, xa que o Altar Maior da Catedral está en obras”. E engadiu: “foi unha xornada para compartir en harmonía e para rematar o Camiño Francés, que foi o que fixemos neste 2026”.
Ademais Gómez Puente anunciou que “no 2027, que é Ano Santo, faremos tamén por etapas o Camiño Primitivo desde A Fonsagrada ata Compostela. O primeiro treito queremos percorrelo despois do Entroido e acompañarémolo dun cocido. Animamos á xente a que estea pendente para seguir facendo xuntos o Camiño”.


