A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta por Navia e Luarca para o 16 de novembro

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 16 de novembro, domingo, unha ruta por Navia e Luarca, no Occidente asturiano. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 50 euros para socios federados, 55 euros para socios non federados e 60 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 10 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e anuncia: “nos desplazaremos hasta Asturias, iremos a Anleo (Navia), haremos una bonita ruta con unas vistas magníficas y después de la comida visitaremos el jardín botánico de Luarca”.