
Ata o 22 de marzo se desenvolve a campaña do día do pai de Acia Foz-CCA, que arrincou o pasado día 2.
O presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo, comentou que “as persoas que realicen as compras por un importe superior a 10 euros entre o 2 e o 22 de marzo terán a posibilidade de entrar no sorteo de cinco sesións fotográficas. Queremos que as persoas gañadoras teñan un bonito recordo desta data tan especial, o día do pai”.
Paleo anima “a mercar no comercio local todo o que precisamos para o día do pai, para os Pepes e as Pepitas e a celebralo na hostalería de Foz”.
A campaña foi presentada polo presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, que estivo acompañado polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
Acia Foz-CCA organiza a campaña do día do pai coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.
Sorteo cesta café
Nazaret Cruz Leal é a gañadora da cesta de produtos relacionados co café, que sorteou no día de hoxe Acia Foz-CCA.
Aquelas persoas que do 23 de febreiro ao 1 de marzo tomaron os seus cafés nos 14 locais hostaleiros que participaron na campaña O teu café ten premio entraron no sorteo celebrado esta mañá en Radio Foz, que contou coa participación da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. A papeleta extraída foille entregada á afortunada en de CoffeeUrbanRoasters Foz. O sorteo foi conducido por Anxo Rivas.
Acia Foz-CCA organizou esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz. Enmarcouse arredor do Campionato de Baristas e de Cata de Cafés, que se desenvolveu hai uns días no IES de Foz.


