A Banda da Música de Foz ofrece o concerto de Santa Icía este sábado, 28 de novembro, na Sala Bahía

A Banda de Música de Foz convida a “vivir unha noite moi especial co noso Concerto de Santa Icía 2026. Un concerto cheo de maxia, emocións, sorpresas e, por suposto, moita música!”. Será este sábado, 28 de novembro, ás 20:00 horas na Sala Bahía.

“E despois do concerto… seguimos celebrando! Agardámosvos na nosa tradicional Cea da Banda, aberta a todos os amigos e amigas da música. No Rincón do Mis. E atención: entre os asistentes á cea sortearemos un bono para desfrutar dun balneario. Reservas no 653.194.537. Último día: 25 de novembro”, anuncia a Banda de Música de Foz.