
A Banda de Música O Landro, de Viveiro, convoca o IV Concurso de Marchas Procesionais Blas García Liz, no que colaboran o Concello de Viveiro e a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro. A data límite de entrega é o día 9 de xaneiro do ano 2026 ás 23:59 horas.
“Este concurso non só é unha oportunidade para que compositores e músicos mostren o seu talento, senón que tamén para que tod@s desfrutemos da beleza e solemnidade que as marchas procesionais aportan ás nosas festividades. Sentímonos emocionados de recibir obras que reflexan a devoción e a arte que caracteriza a nosa cultura. Xa se poden consultar as bases no código QR do cartel e na seguinte ligazón: bit.ly/composicionblasgarcializ”, explica a Banda de Música O Landro.


