
Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, este venres, día 24 de outubro, ás 17:30 horas a Biblioteca Municipal de Ribadeo acollerá o Obradoiro de reciclaxe con Mini, baixo o lema Contra a desinformación: bibliotecas.
Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. Hai 15 prazas dispoñibles e as inscricións poden realizarse por WhatsApp no número 604.084.201 (Biblioteca).
O Concello de Ribadeo explica que é unha actividade “lúdica e educativa que promove a creatividade, o reciclaxe e o amor polas bibliotecas”.