
O Concello de Burela anuncia que xa chegou ao municipio o histórico castiñeiro de Cinoche, derrubado pola borrasca Karlotta e posteriormente queimado. O castiñeiro foi reconvertido nun banco-escultura polo artista Carlos García, ocupando o lugar onde se erguía o castiñeiro centenario ata que foi queimado de xeito intencionado no ano 2024. O novo proxecto, desenvolvido polo mesmo escultor, cumpre o obxectivo da encarga inicial, a de converter a árbore nun espazo para sentarse. Ademais o castiñeiro veu acompañado dunha sorpresa: unha figura de cinco metros de altura chamada Madre Natureza, creada tamén por Carlos García, que decidiu engadila como complemento artístico ao proxecto inicial.
“A peza orixinal, danada polo incendio, requiriu unha intervención complexa e minuciosa, que agora permite recuperar e reinterpretar este símbolo da memoria e da paisaxe de Burela”, destaca o Concello.


