Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, celebra a 4ª Festa do Veciño este domingo, 19 de abril

A Xunta de Galicia renova a súa colaboración coa Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, que celebra a cuarta edición este domingo, día 19 de abril.  A cita está organizada pola asociación veciñal da parroquia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse este mércores con membros da comisión organizadora desta “xornada de convivencia que reunirá a residentes e visitantes. O programa comeza ás 12,30 horas cunha actuación musical e a partir das 14,30 horas está previsto o xantar popular baixo unha carpa”, anuncia a Administración autonómica.

Arias lembrou que o Goberno galego “colabora con entidades de toda a provincia para facilitar o desenvolvemento de actividades que fomenten a cohesión social e  a participación cidadá”.