A compañía teatral Lume Escénico representará a obra “Activ@s” este domingo, 14 de decembro, en Barreiros

Este domingo, día 14 de decembro, a compañía Lume Escénico representará a súa comedia titulada Activ@s en Barreiros. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme, con entrada de balde. É unha obra apta para público a partir de 12 anos.

O Concello de Barreiros anuncia que é “unha peza con moito humor que nos convida a reflexionar sobre o traballo, o descanso e iso que tantas veces chamamos o retido dourado. A cousa comeza cunhas simples preguntas: Non estaremos a traballar por riba das nosas posibilidades?, Estamos dispostos a perder o noso descanso?, O retiro dourado será unha utopía imposible de acadar? E como resposta, a Administración pon en marcha un plan experimental para manter o estado de benestar. Pero como todo o mundo sabe... os experimentos, con gaseosa”.