Convocado un concurso de carteis para a Semana Santa de Burela 2026. O prazo de entrega das obras remata o 31 de xaneiro

A asociación organizadora da Semana Santa de Burela ten aberto ata o 31 de xaneiro o prazo de presentación de obras para o Concurso de Carteis da XXVIII Semana Santa de Burela.

Anuncian que é “unha oportunidade para formar parte da imaxe que anunciará a nosa Semana Santa”. O tema é Ide e anunciade, as obras teñen que ser en formato A4 vertical, con técnica libre e cada participante pode presentar un máximo de 3 traballos. O premio para o gañador é de 150 euros máis diploma.