
Desde o día 13 ata o 17 de abril de 11:30 a 13:00 horas desenvolverase un curso gratuíto de destrezas dixitais para maiores de 65 anos no Centro de Día A Concordia de Ribadeo.
Esta actividade foi anunciada polo Concello de Ribadeo, que explica: “é unha oportunidade para aprender a usar mellor o móbil, facer trámites online ou manexar a banca e outros servizos dixitais con máis facilidade. Se tes máis de 65 anos, anímate e inscríbete antes de que se completen as prazas. Un curso pensado para gañar autonomía no mundo dixital e aprender dun xeito sinxelo e práctico”.


