
A III Noite das Ánimas celebrarase en Burela este venres, día 31 de outubro. Será na Praza de Abastos desde as 17:00 horas.
Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural e Musical Arume, de Burela, que anuncia: “este venres 31 agardámoste para celebrar a III Noite das Ánimas, unha tarde chea de tradición e cultura galega. Xogos populares, talleres para decorar cabazas, facer bonecos de millo e as bonecas da vella, música, gran chocolatada para merendar, actuacións en directo e unha Sinistra Compaña que sairá en procesión. Trae a túa cabaza, o teu candil e as túas roupas brancas (opcional) e pasa unha xornada ós pes do Alén. Sortearase unha gran cesta”.
A entrada é de balde.


