En Burela a Concellería de Servizos Sociais organiza un curso de costura. O prazo de inscrición ábrese o 13 de marzo.

A Concellería de Servizos Sociais comunica que a partir do vindeiro luns, 13 de marzo, está aberto o prazo para inscribirse nun curso de costura, que se vai celebrar proximamente.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán anotarse no Centro de Información á Muller, na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 horas.

Este curso dará comezo o vindeiro 20 de marzo e terá unha duración de sete meses. A actividade desenvolverase en grupos os martes e os xoves, en horario de 10:00 a 13:15 horas, e de 16:00 a 19:15 horas.

O curso enmárcase dentro das actividades organizadas pola Delegación de Servizos Sociais do Concello burelés para este exercicio 2017.