Mañá, mércores, da comezo unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. E o xoves inícianse as Santas Tapas para dinamizar a hostalería local ao longo das vindeiras xornadas.
Os días 27, 28 e 30 de marzo volve un clásico como é o Comercio na Rúa. Nesta nova edición Fóra Stocks danse cita máis de trinta comercios, que ofrecerán promocións e descontos moi interesantes.
En Fora Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, Ofifoz, Thecé, Unique-2, Vas’s, Vas’s Outlet e Xoguetería Bahía.
Por outra banda, os pequenos bocados elaborados polos sete locais participantes nas Santas Tapas poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite os días 28, 29 e 30 de marzo. Trátase de: Anduriña, Augas Santas, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphin, Mexideli e Xoyma.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “o que pretendemos é contar cun aliciente gastronómico e comercial para o disfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz ou a outras localidades próximas”.
AciaFozCCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización destas dúas campañas.