
O Concello de Cervo organiza a tradicional festa acuática infantil de Nadal na piscina municipal olímpica de Lieiro este martes, día 23 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas.
A entrada é de balde e todas as crianzas menores de 7 anos e as menores de 10 anos que non saiban nadar deben ir acompañadas por unha persoa adulta.


