
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro da técnica de debuxo Zentangle este mércores, día 14 de maio, ás 17:30 horas.
O Concello de Ourol explica que “será un obradoiro para crear un caderno de lecturas a través da técnica de debuxo Zentangle. Non é necesario ter coñecementos de debuxo xa que do que se trata é de relaxarnos realizando sinxelos debuxos, mellorar a concentración e o benestar persoal”.
Está dirixido a todas as persoas interesadas e para participar hai que inscribirse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.694.051.