As festas de San Bartolo terán lugar en Barreiros do 21 ao 24 de agosto

Barreiros celebrará os días 21, 22, 23 e 24 de agosto as súas tradicionais festas de San Bartolo cun amplo programa.

O xoves 21 de agosto a partir das 19:00 horas arrincará a programación cunha sardiñada popular (5 euros a ración), seguida da festa musical con DJ D.F.M.

O venres 22 desde as 21:00 horas terá lugar unha gran verbena amenizada por DJ D.F.M e a coñecida orquestra Los Satélites.

O sábado 23 ás 13:30 horas celebrarase a sesión vermú co Dúo Belinda, que tamén será protagonista na verbena da noite, compartindo escenario con Los Coleguitas. O remate da xornada correrá a cargo de DJ D.F.M.

O domingo 24, día de San Bartolo, a festa comezará ás 13:00 horas coa misa solemne e procesión, seguida de sesión vermú co Grupo Elebe. Pola noite, a verbena final contará co propio Grupo Elebe e música de DJ D.F.M.

As festas de San Bartolo en Barreiros ofrecen así catro días do máis intensos converténdose nunha das citas máis destacadas do verán neste concello mariñán.