Foz acolle o II Torneo de Pádel e o XX Torneo de Tenis do 13 ao 19 de agosto. Na presentación participou a concelleira de Deportes.

A vila focense acollerá a segunda edición do torneo de pádel e a vixésima do torneo de tenis, que organiza o Foz Club de Tenis, do 13 ao 19 deste mes. Na presentación participou a concelleira de Deportes, Mercedes González Alonso.

Haberá competicións de pádel en categorías masculina primeira en cascada a segunda, feminina primeira en cascada a segunda. En tenis as competicións serán en individual e dobres. Os premios consisten en material deportivo en todas as categorías.

O sábado 18 haberá unha festa organizada pola asociación Torques de Marzán.