Frexulfe, no Valadouro, celebra as festas do Corazón de Xesús os días 6 e 7 de xuño

A parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro, celebrará as festas na honra ao Corazón de Xesús dos días 6 e 7 de xuño, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres a partir das 22:00 horas con churrascada, torrezmada e chourizada. Despois haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e Discomóvil The Sound Project.

E o sábado ás 13.30 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión e sesión vermú longa a cargo do dúo Eclipse.

O campo da festa estará cuberto con carpa.