A III Xuntanza de Vehículos Clásicos Viveiro será o 13 de setembro

O Concello de Viveiro presentou este martes a III Xuntanza de Vehículos Clásicos Viveiro, que terá lugar o día 13 de setembro, sábado, no aparcamento dos Castelos, en Covas. 

A cita reunirá coches, motos e outros vehículos clásicos. O programa da xornada inclúe a recepción e inscrición á ruta ás 10:00 horas, a saída dunha ruta turística con pinchos e sesión vermú arredor das 12:00, música en Discobar Flora (Area) ás 20:00 horas e unha festa na Conservera (Celeiro) a partir das 22:30 co grupo Sa Salvaje.

As inscricións permanecerán abertas ata o 9 de setembro nos teléfonos 699.249.738 (Sandra) e 650.652.073 (David). O prezo é de 35 euros para adultos, 20 euros para participantes de entre 5 e 15 anos, e de balde para menores de 5 anos. A inscrición inclúe unha camiseta e outros agasallos.

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou “a relevancia desta xuntanza, que non só serve para reunir a afeccionados ao motor clásico, senón tamén para dinamizar a vida social, cultural e económica do noso concello”. Así mesmo subliñou que “eventos como este contribúen a proxectar a imaxe de Viveiro como un destino atractivo e diverso”.

O Concello de Viveiro anima á veciñanza e visitantes a inscribirse e a gozar dunha xornada que combina motor, música e actividades de lecer.