
A parroquia de Landrove, no municipio de Viveiro, celebrará a décimo primeira edición da Festa Labrega os días 3 e 4 de outubro, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas co prendido da chama olímpica e a actuación de Amigos do Folk. E repartirán boliños preñados gratis a partir das 21:30 horas.
E o sábado ás 13:00 horas haberá sesión vermú co dúo D'Caché, ás 16:00 horas comezarán as VIII Olimpíadas Rurais; ás 20:30 horas actuarán os grupos Espera que vou mexar e Hortensio; ás 21:00 horas empezará a Cea Labrega, e desde as 23:00 horas actuará o dúo D'Caché.
A organización anuncia que entregarán premios aos grupos e ao mellor traxe labrego e que no campo da festa haberá unha gran carpa.