Librería Bahía organiza un coloquio sobre a escritora Begoña Caamaño o 24 de abril en Foz

O venres 24 de abril celebrarse un encontro na Librería Bahía, de Foz, sobre a figura da homenaxeada este ano nas Letras Galegas, Begoña Caamaño, no que participarán a irmá da autora, Bea Caamaño, e a doutora en Filoloxía Galega María Liñeira.

Librería Bahía explica que Begoña Caamaño “é unha muller polifacética, traballou como xornalista tanto en medios escritos como na radio, autora de dúas novelas fundamentais na literatura galega contemporánea, sempre desenvolveu un activismo feminista tanto na súa faceta profesional como persoal que a converteu nun referente para o feminismo galego. Neste encontro pretendemos afondar na figura da homenaxeada e coñecer de man de dúas mulleres próximas a ela por distintos motivos, todas as súas facetas. Organiza o encontro o Club de Lectura A carón dos libros e está aberto a todo o público que queira participar”.