
Lydia Botana presenta o espectáculo musical infantil titulado De aquí para alá coas emocións en Viveiro. Será este sábado, día 25 de outubro, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, ás 18:00 horas.
Cunha duración de 60 minutos está dirixido ao público infantil, de 3 a 10 anos.
O elenco artístico está formado por Lydia Botana, Marta Figueiredo, Lúa Cadernas e Charly Drop.
E a sinopse é a seguinte: “un proxecto didáctico musical para público infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ao público que nos acompañe na procura de novos sons! Trátase de espertar o interese dos nenos e das nenas pola música e as culturas doutros lugares, dando valor á diversidade e por suposto, respectándoa, dun xeito divertido e didáctico na nosa lingua poñendo en valor o noso patrimonio cultural aprendendo tamén palabras noutros idiomas. En De aquí para alá coas emocións gozaremos dun novo espectáculo multidisciplinar composto de música, danza, narración oral, teatro cómico e proxeccións de animacións audiovisuais con catro artistas sobre o escenario”.
As entradas están á venda de luns a xoves no teléfono 982.56.01.62 en horario de 9 a 14:00 horas, no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función.


