A mocidade conta cun novo espazo no parque Reina Sofía, en Cervo. Trátase dunha pista de patinaxe con obstáculos elevados.

A nova pista de patinaxe con obstáculos elevados e con formas tipo mini ramp foi inaugurada na tarde de onte cunha exhibición de patinaxe e moita música

O alcalde, Alfonso Villares, dixo que: "con este novo espazo enriquecemos a oferta deportiva e de lecer do noso municipio, que suma novas infraestruturas como lugares de encontro para a mocidade".

Esta actuación é posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia que aporta o 70% do orzamento que supoñen estes novos espazos.