
A parroquia de Negradas, no concello do Vicedo, celebrará as festas na honra a San Antonio este sábado, día 14 de xuño.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa cantada, seguida de procesión amenizada por Juan Barcón e quinteto. A continuación haberá sesión vermú co grupo D'Kris, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra La Florida Band.
A comisión de festas anuncia que haberá amplo aparcamento gratuíto e pista de baile cuberta.