No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo haberá unha charla sobre ocio nocturno. Será este xoves, 14 de maio

Este xoves, día 14 de maio, ás 18:00 horas celebrarase no salón de actos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo unha charla informativa sobre adolescencia e ocio nocturno. O relator é Martín Camba Conde, policía en Santiago de Compostela. A entrada será libre e gratuíta.

É unha actividade organizada pola Asociación de Familias Esteo, que anuncia: “o vindeiro xoves, 14 de maio, ás 18:00 horas teremos unha sesión informativa para familias e rapazada sobre o ocio nocturno. O policía local Martín Camba é o encargado de levar a cabo estas charlas e encontros divulgativos onde explica a normativa sobre ruídos e convivencia tanto a estudantes como a familias e profesorado da mocidade que comeza a saír de noite. Calquera persoa interesada está convidada a asistir”.