Nova Escena Teatro representa a obra “Expectativa Lonxana” en Trabada este sábado, 1 de novembro

A compañía Nova Escena Teatro representará a obra titulada Expectativa Loxana na Casa da Cultura de Trabada este sábado, día 1, de novembro ás 21:00 horas.

O Concello de Trabada anuncia que é “unha historia chea de emoción, talento e maxia sobre o escenario. Dirixida por María Márquez e escrita por Xoan C. Laxe. Unha oportunidade perfecta para gozar da cultura en directo no noso concello”.