O 16 de decembro terá lugar en Rinlo un obradoiro de percusión africana. Está organizado por Erikas e Peluxías.

Erikas e Peluxías e a asociación A Tribo da Travesía organizan, coa colaboración do Concello de Ribadeo, un obradoiro de percusión africana que se celebrará o vindeiro xoves, 16 de decembro, de 19:30 a 21:30 horas, na escola vella de Rinlo.

As persoas interesadas poden anotarse por whatsapp no 649 808 993. As prazas son limitadas. Para participar non é preciso levar instrumento nin ter coñecementos previos.

Ás 21:30 horas soarán os ritmos africanos nos tambores de Thorsten e Paz.