O 17 de decembro haberá Choconoelada en Viveiro, onde se inaugurará a Casita de Papá Noel.

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro segue enchendo as ruas de ambiente navideño, un montón de actividades e miles de premios. 

Xa apareceron moitos dos premiados dos Rasca e Gaña con 3.000€ en premios directos, Paraugas, Tratamentos de beleza, Ceas, xamóns, Surtidos de queixos, Cofres Vip, Sesions de peluquería e estética,  entradas de cine e Rascas con 5€ de desconto a canxear cas compras nos negocios asociados. 

Dende o luns 18, cas compras realizadas nos comercios asociados repartiranse as papeletas para entrar no sorteo de 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, serán 100€ ó mes durante 1 ano para cada un dos 3 agraciados. O sorteo realizarase o 4 de xaneiro do 2018 ás 20:30 horas na Praza Maior de Viveiro. 

Este venres 15 iniciarase a montaxe da “Casita de Papá Noel” instalada na Praza Maior en colaboración có Concello de Viveiro, o domingo 17 inaugurarase ás 18:00 horas e estará o resto da seman dende as 17:30 ata as 20:30 da tarde. 

O domingo 17 pola tarde haberá “Choconoelada” ca chegada de Papá Noel á “Casita” instalada na Praza Maior, os locais de hostalería asociados ofrecerán chocolate con churros por 1,5€. Serán Arume Gastrobar, Asador A Quinta, Bar A Plaza, Mesón O Recuncho, Restaurante Esmorga, Mesón A Ria, Restaurante Casa Pepi, Cornelius Taberna Gastronómica, Restaurante O Muro e Cervecería A Resaca.  

E o 24 o comercio abrirá as súas portas en horario de mañá e tarde para que os clientes poidan realizar as súas compras no comercio local sen ter necesidade de desprazarse fora de Viveiro.