O vindeiro domingo, 17 de xullo, regresa ao ao Vicedo unha festa que tiñan moitas ganas de volver a organizar: a do Turismo Rural, que chega á súa edición número 22. Celebrarase no parque eólico de Riobarba.
O programa comeza as 12:30 h con misa en honor a San Vicente de Francos, á que sigue a degustación de produtos típicos as 14:30. As 17:00 horas terá lugar o campionato ecuestre, que conta con 1.740€ en premios, quen se entregarán a partires das 18:30 horas. Por último ás 19:30 dará comezo o baile.
O evento está organizado polo Concello do Vicedo.