O 24 de agosto terá lugar en O Valadouro unha nova Ponte Literaria. Será na parroquia de A Laxe.

Este venres, 24 de agosto, celebrarase unha Ponte Literaria na local social da parroquia de A Laxe, en O Valadouro.

Neste encontro, que se ven desenvolvendo desde o 2015, participarán, entre outros/as, Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira, Xesús Pisón, Lionel Rexes, Iolanda Aldrei, Adela Figueroa e Manuel Regal.

Dará comezo ás 18:30 horas e leranse textos de Rita Geada, autora cubana con raíces no Valadouro. Ademais, por cumprirse neste ano o 70 aniversario da morte de Luís Trigo Chao “O Gardarríos”, o escritor valadourense Isaac Ferreira lerá unha peza dramática titulada O cerco de Vilanova, baseada na noite en que o guerrilleiro caeu asesinado no centro de Lourenzá. Tamén o autor Lionel Rexes lerá varios fragmentos da súa novela A raíña das velutinas, escollendo para a ocasión aqueles que fan referencia a persoeiros e lugares do Valadouro. Tras as lecturas terá lugar un debate literario centrado nas obras expostas.

É costume que os asistentes aproveiten o encontro para desfacerse de todos aqueles libros que xa non desexan conservar, deste xeito, outras persoas que participen na Ponte Literaria poderán conseguir exemplares que descoñecían e que nunca leran. Trátase, en definitiva, dun intercambio ou doazón espontánea de libros.

As persoas interesadas en intervir coas súas lecturas poden anotarse a través do número de teléfono 600 378 363.

Organizan a Ponte Literaria Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira, Xesús Pisón e Lionel Rexes, coa colaboración da Concellería de Cultura do Valadouro e a Comunidade de Montes da Laxe.